28 de mayo de 2007

Xeración

Esquecíame de facervos unha recomendación: Xeración Web, un novo medio na rede que respira aire fresco por todas partes. O fai xente que cré no que fai, e iso é moito máis do que poden dicir outros. Ao mellor, os gurús dos grandes medios de comunicación deberían de fixarse nel para saber cara a onde van as tendencias non só dos novos lectores, senón dos novos xornalistas. O salto xeneracional nos medios de comunicación é brutal e hai quen non se dá conta de que o futuro está máis no ordenador que no quiosco. Coido que o papel na prensa ten os anos contados e habería que comezar a ver máis alá. Pode que sexa unha aventura arriscada o de deixar en mans de xornalistas tan novos como ten que ser un novo medio dixital. Pero di moito dos que, desde os consellos de administración, recoñecen as súas limitacións para lidiar co novo xornalismo e prefiren deixalo nas mans xa non de quen sabe, senón de quen o está a crear. Moito me dá que Xeración pode ser unha boa pista de por onde vai o asunto. Noraboa Chexire, Elianinha e compañía, a seguir adiante.

1 repeniques, repenica ti:

chexire dijo...

Graciñas polos ánimos, esperamos non defraudar as expectativas.

Pero o gran mérito deste novo xornalismo que está nacendo non é de xente coma min ou como Eliana, que ó fin e ó cabo, comezamos a escribir os nosos poemas adolescentes ou a querer ser redactores de guerra (e cambiar o mundo) ó mesmo tempo que abríamos unha conta en Yahoo. Nós practicamente medramos neste mundo dixital e por pouco nos perdemos o apagón analóxico!

Non, o gran mérito, o mérito dos pioneiros, está nesa xeración anterior á nosa, que coñecendo o día a día das redaccións soubestes ver que o mundo da comunicación se quebraba para non volver ser igual nunca máis.

A xente da miña xeración sabe que sempre poderá seguir o "fío de Ariadna" que vós estades trazando.

Gracias