29 de enero de 2009

Que no voten

Suscribo, hasta la última coma, lo que dice hoy Carlos Caneiro en La Voz. Copio y pego: "Voy a repetir dos sentencias que he escrito en numerosas ocasiones. Lo voy a hacer hoy, precisamente, día en que la Junta Electoral decide si declara válidos los votos de la emigración sin copia de pasaporte o DNI. Las dos sentencias que asumo plenamente son: 1, el voto emigrante es una solemne estafa; 2, los que permiten que la situación no mude con sus sucesivos Gobiernos nos engañan, nos toman por tontos, nos humillan y vulneran el espíritu de la democracia. Sé que la argumentación final de esta columna no resultará correcta desde el punto de vista político, pero uno hace tiempo que no procura el aplauso de los políticos: he dejado de creer en casi todos. Mi argumentación final es: si en ocasiones votan los muertos (se ha comprobado), si hay quien vota por cuarenta (se ha comprobado), si los partidos tienen agentes que actúan como auténticos caciques «bananeros» manipulando votos en el exterior (se ha comprobado), por qué continuamos permitiendo esta farsa. La permitimos porque el voto emigrante es voto al poder, antes al Partido Popular y ahora a los socialistas. Estos últimos pretenden que voten hasta sin carné. Votan también sin pagar impuestos. Votan los que nunca han venido ni vendrán. Votan y pueden decidir su vida, ciudadano. Como he dicho, hace años que no soy un tipo políticamente correcto. Por lo tanto, como colofón a esta columna escribo lo que muchos de ustedes sin duda piensan: que no voten, y punto. Y reitero: el voto de la emigración es una solemne estafa consentida, antes por el PP y ahora por el PSOE. ¡Qué vergüenza!".

10 repeniques, repenica ti:

Julio dijo...

Menos mal que aquí en Galicia se pode votar sen carnet....¿ou aquí, en cambio, non se pode?? Bueno, digo eu que a constitutíción dice no art.14 que tódolos españoles somos iguais ante a lei. Por esa regra de tres, os emigrantes non son iguais a nós, ou máis ben nós non somos iguais a eles. ¿por que a uns lle piden o DNI -a nós- e a outros -os emigrados- non? ¿Acaso non somos españoles todos?¿Acaso non van ter igual valor os votos dun emigrante que o dun galego residente en España?

Particularmente, penso que so deberían votar os galegos residentes ou os que están fóra por tempadas, pero non os que nunca estiveron nin estarán ou que estiveron pero xa nunca mais voltara a estar.

Refrendo o post, punto por punto.

Julio dijo...

Ah, que se me olvidaba NON COS MEUS CARTOS.

VOTADE EN BRANCO COMO FORMA DE PROTESTA!!!!!!!!!!!!!!!!

Un saúdo, amigo Nacho

Anónimo dijo...

Benquerido Nacho: suscribo punto por punto as túas reflexións; enviarei o teu post a outras mentes políticamente incorrectas que están fartas de tanto "mercadeo" de votos. Somos moitos os que pensamos deste mesmo xeito. Saúdos.

torredebabel dijo...

Eu non as suscribo.
A lei electoral non xurdiu da diáspora e esta criminalización que se fai dos españois en xeral e dos galegos en particular que non viven na terra é inxusta e completamente inmoral.
Se a democracia "é un réxime político no que a soberanía reside no pobo e é exercida por este de maneira directa ou indirecta", a Galiza non pode esquecer nin negar que o seu pobo está espallado polo mundo adiante por causa, precisamente, dunha historia na que a emigración non é unha pequena circunstancia senón unha condición estructural. Unha condición presente, por certo.
Se a lei electoral permite estas fendas, estas manipulacións, é porque esas estratexias foron e son moi boas para quen goberna. E por iso, é a propia diáspora quen mais agarda e esixe uns mecanismos claros e sen posibilidade de dúbida.
Eses mecanismos non poden nin deber ser a limitación do voto só a unha parte do pobo galego. Alguén admitiría que só votasen os homes e non as mulleres? ou que só votasen os que teñen acceso á internet? ou que votasen so os que falan o galego? Dende logo que non. Pois pechar o voto so aos que pagan os impostos é o primeiro paso no camiño que leva ao voto "cualificado" (e dígoo pagando impostos aquí e alí).
Se a Galiza quere ter unha democracia seria, teremos os galegos que pensar nun sistema que represente (dignamente e sen interferencias de ningún tipo) a todos os galegos e as galegas que conformamos o pobo galego. O resto, son sectarismos, pensamentos pseudo-progresistas que agochan unha ollada elitista e aristocrática (Aristocracia (do grego aristos =o mellor krátos= forza) significa o goberno dos mellores).

rabudo dijo...

Comprendo a túa postura, pero non a comparto. Se nos poñemos a buscar causas estruturais, podemos chegar á invasión romana. ¿Por que vota alguén que non pisou Galicia en décadas e non poden votar os inmigrantes que viven e traballan aquí? O dos dobres impostos, aquí e alí, síntoo moito, pero non é a norma xeral, ben o sabes. Que o voto emigrante beneficia ao poder (cheques, axudas...) é un feito comprobado. ¡Eles son os primeiros interesados en que os axuden, mande quen mande! Que vote alguén que nunca estivo en Galicia aínda é máis grave. Ninguén lle resta galeguidade a un galego porque non vote aquí, non se trata de criminalizar a ninguén, non é iso.

rabudo dijo...

Insisto na última idea: a galeguidade non ten que ver coa capacidade de votar ou non votar en Galicia. E, desde logo, se a lei permite votar, como o permite, TRANSPARRENCIA ABSOLUTA, DNI, PASAPORTE E O QUE FAGA FALTA. O outro é un fraude institucionalizado

rabudo dijo...

E outra cousa máis: A min xa me chegou de que Galicia "é un sentimento". Será un sentimento, pero tamén é máis cousas; un país no que hai que vivir, que hai que xestionar, que hai que levar adiante; un país no que hai que mollarse; un país que recibe cada vez máis xente de fóra á que hai que facerlle sitio... Cada un que sinta Galicia como queira, pero a xestión política é outra historia. O teu xeito de entender e de vivir Galicia, Déborah, paréceme marabilloso, ¡Desde logo que ti non és menos galega ca min! Pero tamén sabes canto hai por aí fora de idealizado, dunha visión que xa non se corresponde coa realidade. No asunto electoral, penso que non se trata tanto de emocións, como de ser pragmáticos. E iso non quere dicir que Galicia se esqueza da diáspora.

Joseph Folch dijo...

E por qué se me teño que empadroar en Zamora, poño por caso , por motivos laborais, perdo a miña "nacionalidade galega" e non podo votar nas autonómicas galegas pero sí nas de Castela e León. Pola misma regra de tres do voto emigrante tería que poder votar nas dúas comunidades

Vanesa dijo...

Nacho, estoy de acuerdo contigo al 100%, siempre me ha cabreado que gente que jamás ha pisado Galicia pueda decidir sobre nuestro futuro. Y así nos va. Y así nos irá.
Y la culpa es nuestra, porque no nos revolvemos, y nos dejamos pisotear por esta panda de ... en fin... que son nuestros políticos.

Empiezo a pensar que tenemos lo que nos merecemos.

kate dijo...

Eu prefiro que votenos inmigrantes, e que se integren de verdade, cousa que nunca soubemos facer os galegos polo mundo adiante ( o que non significa anular a súa cultura). Meus tíos de Suíza levan alá 40 anos e non poden votar alí, pero poden votar aquí. Meus tres outros tíos viven en Brasil e Venezuela e non veñen nunca...pero poden votar e os seus netos tamén!
Se xustificamos o que fixo a emigración por Galicia, que ninguén o dubida, pero eran outros tempos, de represión e non de democracia, perfectamente poderiamos xustificar que as mulleres non puidésemos votar, porque houbo un tempo no que non podiamos nin opinar...