Majestades. No sé, no veo movimiento. He hablado clarito. Os he dicho lo que quiero, y deberíais pensar en que conviene respetar los deseos de un niño que el año que viene cumplirá 40 años. Pero, insisto, no percibo avances. Mi último argumento es [este]. Pero, si aun así, si pesan más las razones económicas que los deseos y las necesidades compulsivas de este que os escribe, acataré lo que decidáis. Eso sí, y de esta manera me voy cubriendo las espaldas. ¿A que no sabéis que, en 40 años que voy a cumplir en siete meses, JAMÁS me habéis traído tampoco el Scalextric con el que sigo soñando? Ayer estuve en casa de mi sobrino, que tiene tres años, y él ya tiene el suyo. ¡Con tres años! ¡Las carreras que me he pegado! ¿Qué falla, Majestades? ¿A qué estamos jugando? ¿En qué os he fallado? En el caso del Scalextric, no me valen las razones económicas. Recapacitad. Deberíais pensar en regalar pensando en el que recibe el regalo, y no en vuestra conveniencia. Siempre vuestro.
3 repeniques, repenica ti:
Ola, Nacho. A verdade é que este comentario non ten nada que ver co iPad (como usuario veterano de Apple que son, espero que o consigas pronto), pero acabo de ler a túa entrevista na Voz de hoxe e quería facer un pequeno inciso lingüístico. Non é nada importante, pero o certo é que me carcome.
Dun tempo a esta parte (moi recentemente, cousa de hai catro ou cinco anos) vexo que a todo o mundo lle está dando por usar un xiro que nunca existiu en galego, e non sei de onde saiu. Refírome a escribir ou dicir "ten feito", "ten conseguido" ou, como ti mesmo usas na entrada da entrevista, "nesas dúas décadas, o perfil do usuario ten mudado de xeito radical".
A miña postura: ese uso é totalmente incorrecto. Nunca oín esa maneira de usalo, e sorpréndeme bastante a súa extensión, porque incluso soa mal a un oído afeito ao galego. Pido permiso para poñer como exemplo a túa frase: a maneira correcta de dicilo é "nesas dúas décadas, o perfil do usuario mudou de xeito radical". Así, cun pasado corriente, normalucho.
O "ten feito" é un xiro que existe, pero non se usa desta maneira, senón que necesita unha idea de repetición do que se está falando. Por exemplo: "teño comido na súa casa moitas veces" ou "moitas tes levado no colexio". De feito, un pequeno truco pasa saber se o estás usando ben é engadir na frase "moitas veces" ou "varias veces" (ou "moitas" se o suxeito non é unha persoa, como no exemplo do colexio). Se a frase acepta ese "moitas veces", funciona. Se non, é un mal uso.
(o texto vai en dúas partes, non acepta un texto tan longo... perdón ¬¬)
(segunda parte)
Ese uso estraño de "ten feito" creo eu que é un intento de imitar o "ha hecho" do castelán, unha maneira de usar verbos compostos, como para darlle un pouco de glamour á lingua… polo menos esa é a intención oculta que lle vexo eu a moita xente que o usa. Sobre todo, políticos: se te fixas, no Bloque é algo moi extendido, pero agora mesmo xa llo oes a xente de todo pelaxe… eso si, nunca nunha conversa normal. Non sei, sempre me pareceu algo postizo. E como me parece un intento de darlle lustre a algo que non o precisa, pois… que non che pareza mal, pero desilusionoume un pouco que o usaras ti.
Sempre me gustou o teu estilo e criterio, dende a temporada que traballei na Voz en Santiago, e por eso me gustaría que foras consciente deste erro insignificante pero bastante fastidioso. E se che solto este rollo tremendo é porque os meus medios para erradicalo non son demasiados; son mestre, pero no colexio os nenos non o cometen, aínda que supoño que se lles irá infiltrando segundo vaian lendo e escoitando cousas por aí. Pero ti, como xornalista, aínda tes algo de influencia para que esta historia non vaia a máis.
Se cadra xa coñecías estes detalles e pensas que é un uso correcto, ou non che importa demasiado. Pero en todo caso eu coméntocho, por se fora o caso.
Sigue traballando como ata agora. Os teus textos son do mellor da Voz, un xornal que, por certo, vexo en baixa forma ultimamente. Non sei, menos profesionalidade ca antes. En todo caso, a ti sempre paga a pena lerte.
Saúdos
Manuel Calvo
Grazas, Manuel. Tomo nota. Agradezo todo o que axude a mellorar. A verdade é que andamos a mil por hora e non sei como non saen as cousas aínda peor. Un saúdo e grazas pola parte que me toca.
Publicar un comentario en la entrada